Busca os tres erros

Valo de obra

Nesta foto tomada no ferrolán barrio de Canido, que amosa un dos valos de obra colocados con motivo das enésimas reformas da cativa pero auténtica praza da Tafona.

Bonus:
Por certo, un punto extra se acertan a resposta correcta a esta outra pregunta:
¿cal é a praza onde residen as esencias do BNG?
a) A Quintana
b) A Tafona
c) Depende

Actualización (7/8/2008): Os da Voz casualmente pasaron pola nosa cativa rúa e viron o mesmo. O poñen en portada.

Roi o cagabolas

Roi o cagabolas

Roi o Cagabolas, malabarista. Detalle do seu escalofriante número, onde fai voar tres fouciñas subido enriba dun rolo e unha táboa.

Non se preocupen, as fouciñas rara vez sobrepasan a barreira de contención de nenos.

(Referíndose aos nenos e nenas que abarratoban a primeira fila do público.)

A foto de Fene

Dende fai uns uns meses estaba dándolle voltas a como facer una foto do concello de Fene.

Primeiro pensei nos métodos que utilizo habitualmente para atopar lugares altos con boas vistas. O primeiro deles é usar o Google Earth coa capa de terreo 3D que ten, e tras ver cal é a maior elevación preto do lugar, simular co programa cales son as vistas que podería ter nos seus arredores. O segundo é usar unha funcionalidade xenial da Carta Digital do Ejército que amosa a visibilidade que tes dende o un punto dado do mapa.

Así atopei no seu día o cumio de Coto do Rei, no monte de Marraxón, dende onde saquei algunha boa foto de Ferrol (por exemplo unha enorme que está colgada na entrada do Hotel Plaza, en Ferrol).

Coma nos últimos tempos xa coñezo mellor o Concello de Fene, me din conta de non hai un sitio máis alto que Coto do Rei, que con case 400 metros sobre o nivel do mar é en realidade o punto mais alto arredor de toda a Ría de Ferrol.

Outras opcións con boas vistas de Fene, son os dous viadutos da Autopista AP-9 que cruzan o concello. O problema disto é que está prohibido parar na autopista, e tiña dor de cabeza só de pensar a de chamadas que tería que facer a Audasa e á DGT para conseguir un permiso. Ademais, ao igual que dende Marraxón, a foto sería “das costas” do concello. Fene mira cara o mar (ou cara ASTANO, mais ben).

Pero non podo sacar unha foto elevada dende o mar, pensei.

Así foi coma Iván me deu unha idea: subamos á ponte grua de Navantia.

A ponte grúa de Navantia, como a chaman en Fene, é unha grúa pórtico que podería albergar no seu interior a Catedral de Santiago. Pode levantar pezas de 800 toneladas. É grande, moi grande. E canto estás preto de dela te das conta de que o é máis do que pensabas.

Ría de Ferrol e grua pórtico

Pedimos o correspondente permiso e subimos a ela nun fermoso atardecer de primaveira. Ten un ascensor, e no interior da viga central hai varias habitacións e espazos moi grandes. Enriba de todo a plataforma ten 14 metros de ancho e todo o longo da viga. É unha estrutura tan grande e tan sólida que nin sequera tes vértigo.

Foi unha hora de sesión de fotos que deu para moito.

Deu, por exemplo, para que poida parir este panorama composto de 31 fotos e 120 megapixeles que estou a piques de rematar e que creo que é a foto que todo fenesista debe ter no seu salón. É a foto de Fene.

Panorama de Fene

Evidentemente nesta miniatura non se aprecia ben a foto. Aquí poño un recorte a tamaño real duns rapaces de San Valentín pasando o rato.

Detalle do panorama

E finalmente o orgulloso autor subido a lomos do xigante de ferro, nunha foto que me sacou Iván e que co contraluz impide que se aprecie ben o sorriso.

Xaime no lombo da besta

En curto prazo colgarei aquí a foto de Fene en alta resolución para uso e gozo de quen a queira.

Crise

Sobe a gasolina para poder manter a rendibilidade do capital dos especuladores fuxidos do ladrillo.
Soben os productos básicos para salvagardar a marxe dos intermediarios.
Soben os alugueres para que non perdan cartos os que se creron que a vivenda, máis que un dereito, era un investimento.
Sobe o canon para que a SGAE salve o seu caduco modelo de negocio grazas ao que lles pago por gardar as miñas fotos en DVD.
Sobe a luz para tapar os buratos que teñen as eléctricas dende que, en época de vacas gordas, decidiron “investir e diversificar” no estranxeiro.
Mellor non falar do Euribor.

Ao mellor a ti te pasa como a min, que te sobe o salario por debaixo do IPC (é dicir, te baixa) pero tes que ser o paganini de todas esas subas. Ben, seguro que te sentes mellor sabendo que estás a paliar a desaceleración dalgúns sectores.

Como dis? Que te cagas en la puta madre da desaceleración? Acouga, que te vai dar unha crise desaceleración.

Aquí

Dna. Ánxela Bugallo
Conselleira de Cultura e Deportes
Primeira dama de Economía e Facenda
Xunta de Galicia

En resposta ao seu escrito de data 19 de setembro de 2007, recibido por un home a cabalo na RAG o 11 de xaneiro de 2008, no que solicita unha aclaración sobre a pertinencia ortográfica do topónimo “Galiza” para denominar o noso País, á luz da nosa enésima modificación das Normas ortográficas e morfolóxicas, a Real Academia Galega, no seu Plenario do día 29 de marzo de 2008 acordou emitir o seguinte ditame:

a) A consellería debe cambiar de empresa de mensaxería.
b) Galicia, Galiza, Galucia e Breogania son formas históricas lexítimas galegas no sentido filolóxico. As catro circularon na época do pre e post-fraguismo, pero só Breogania mantivo ese feeling tan cool de xeito ininterrompido ao longo da historia na lingua oral.
c) A denominación oficial do País normativa e xurídicamente lexítima é “Aquí”.

Pacoland, 29 de marzo de 2008.

Asdo.: Xosé Ramón Gayoso
Presidente do Luar

Ideoloxía de ollos blandos

- Que queres querer que dis dicir que cres crer?

- Que son

- Que troba! Vai cortar a perrera.

X tanto

Ya llegó el IRPF. Y tras el olor del dinero llegan los buitres.

x tanto

Fabricando o maior lago de Galicia

Mina de lignito pardo de As Pontes. Corenta anos facendo un enorme burato e enchendo todo un val cos residuos ata convertelo nun monte. Con máquinas coma esta.

Machina

Catro anos por diante para encher o furado con auga de varios regatos e do río Eume. Do 2008 ao 2012.

Enchendo

A operación é tan descomunal que só se pode apreciar indo a velo. Unha depresión de seis quilómetros de lado e douscentos metros de profundidade que parece imposible de encher. Se amplias a foto anterior, enriba, á esquerda, verás unha pequena liña gris, moi fina. É un rompeolas. Os grandes bloques de granito apilados agardan a chegada das augas case na cima dun monte.

Ao seu carón estoupa de vida unha montaña artificial, a escombreira, recuberta con medio millón árbores plantadas, con pequenas lagoas e xunqueiras, con coellos, raposos, lobos, corzos e moitos paxaros. Debaixo se esconden corenta anos de pedras e cinza.

Escombreira

A lagoa pasará a mans da Xunta. A escombreira seguirá sendo propiedade de Endesa.

Haberá unha praia de máis dun quilómetro, un peirao deportivo, un campo de golf e zonas de ocio.

Enchendo

A Xunta, Endesa e algúns científicos opinan que será un gran espazo natural, incluso merecedor de proteccións mediambientais. Os ecoloxistas din que o río Eume, que entrará e sairá do lago, se danará seriamente a causa da acidificación das súas augas polos sulfuros e outros compostos das paredes da mina (a empresa fala de cubrilas con arxila).

Por fin un dicionario de galego

Dicionario de Galego de Ir Indo

Vía marcus atopo que xa se arranxou a gran eiva da internet galega, que era non ter un dicionario serio en liña. As grazas hai que darllas a Ir Indo edicións.

Gardo na casa un vello dicionario de Ir Indo que atopei de segunda man, do máis normativamente incorrecto pero no que atopo de cando en vez belísimas palabras que xa só se escoitan nalgunha conversa entre nonaxenarios da montaña luguesa. Parabéns e grazas a eles.

Fotos para min

Ex-calma
-
Ex-calma 2